quinta-feira, 29 de março de 2012

Paralización da industria e dos servizos nas primeiras horas da folga, segundo os sindicatos


"Apoio masivo" e "éxito", son as primeiras valoracións das centrais, que falan dun 90% de seguimento no país e que se congratulan pola participación unánime dos traballadores da gran industria do país. Para CCOO e UGT, os datos de participación "poñen de relevo o rexeitamento do conxunto dos traballadores e traballadoras de Galicia á reforma laboral e ás políticas de axuste impulsadas polo Goberno español". Para a CIG, o paro xa é "un éxito rotundo"logo dunha resposta "moi positiva" por parte dos traballadores. Por sectores, as centrais sindicais falan dun 100% de paro na recollida do lixo e limpeza viaria e no naval, nun 95% nos transportes, nun 85% na construción e nun 80% no sector agroalimentario e nas conservas.
En xeral a folga está afectando máis á industria e ao transporte que ao comercio, aínda que en Ferrol, Vigo e outras vilas industriais do país, as tendas dos barrios do centro están pechadas nunha alta proporción; na Coruña, pola contra, o pequeno comercio está maioritariamente aberto. O Goberno non ofreceu datos de participación, pero segundo o Ministerio do Interior, "o seguimiento é claramente inferior ao da folga de 2010". Cristina Díaz, directora de Política Interior, salienta que "a situación nos mercados centrais é semellante ao do resto dos días, agás Barcelona, Murcia, Sevilla ou Granada". Con todo, a propia CEOE recoñece un "alto seguemento" na industria, no norte de España e nas grandes cidades. A Xunta cifra nun 35% o seguimento entre os funcionarios da administración autonómica, que os sindicatos elevan ao 90%.
Ás oito da mañá o consumo eléctrico (23.699 megavatios) era un 20,33% inferior ao do pasado xoves (31.002 megavatios) e semellante ao dun domingo
Ás oito da mañá o consumo eléctrico (23.699 megavatios) era un 20,33% inferior ao do pasado xoves (31.002 megavatios) e semellante ao dun domingo (ao redor de 22 mil megavatios), segundo datos de Red Eléctrica de España.
Parou totalmente o sector da automoción de Vigo, ademais de Alcoa, Gamesa Eólica, Zara Logística, Frigolouro (Porriño), Frinsa, Alúmina Española, CESPA (na Coruña e Pontevedra), Repsol Petróleo, Navantia (Fene e Ferrol), CIE-Galfor (antiga Forjas de Galicia), Leche Celta, Adolfo Domínguez, Lonza Biologics, Carrocera Castrosua, FCC, Lantero, Pull&Bear Logística, Rodman Polyships ou Televés. A produción está totalmente paralizada en Citroën, onde só se incorporou un reducido número de traballadores, inferior ao 10%, insuficiente para realizar calquera actividade. En xeral a actividade nos polígonos industriais de todas as cidades é nula, e por exemplo en Beiramar, en Vigo, onde se localizan os estaleiros, non hai ningún movemento. No ensino, os sindicatos sitúan o seguimento da folga en máis dun 80% por parte do profesorado e aseguran que son "maioría os centros queu pararon na súa totalidade". 
Tamén o seguiu de forma unánime o servizo de recollida do lixo en todas as localidades e está igualmente paralizada a actividade dos portos da Coruña e de Vigo; ademais, hai dificultades de acceso ao Porto Exterior de Ferrol. Están paradas tamén as lonxas de Marín, Burela e Vigo. E parece que o transporte vai seguir o mesmo camiño, coa completa paralización das estacións de autobuses, aínda que se están cumprindo os servizos mínimos de autobús urbano e taxi.
E tamén algunhas grandes superficies comerciais. A CIG vén de informar de que en Alcampo en Vigo case non se incorporou ningún traballador. En canto aos medios de comunicación, destaca o feito de que nin oFaro de Vigo nin a edición galega de El País se distribuirán hoxe.
A xornada, nas primeiras horas, está a desenvolverse sen incidentes de gravidade, agás algúns momentos puntuais de tensión entre os piquetes informativos e a policía, cunha presenza "desproporcionada"
A xornada, nas primeiras horas, está a desenvolverse sen incidentes de gravidade, agás algúns momentos puntuais de tensión entre os piquetes informativos e a policía, cunha presenza "desproporcionada", segundo as centrais, que denuncian unha algunhas "agresións", como as sufridas na Coruña, en Ferrol cunha carga, e en Vigo, onde un cámara da CIG foi detido mentres filmaba o piquete en Alcampo . A CIG denuncia que o cámara sufriu agresións e neste momento está tivo que ser atendido nun centro médico polas contusións sufridas. Horas despois, foi posto en liberdade.
En dous dos campus universitarios máis representativos do país, os de Compostela, os representantes sindicais aseguran que o paro está a ser moi significativo. Nomeadamente, sinalan que a práctica totalidade das facultades está a ser pechada. Unha das máis remisas a facelo, a de Dereito, tamén pechou as súas portas despois duns minutos de tensión con "ameazas" de chamar "aos antidisturbios.

 

A situación no resto do Estado

No resto do Estado a dinámica é semellante e ademais da paralización da industria, o transporte, os mercados e lonxas de distribución ou os servizo de de recollida do lixo, hai que sumar o moi simbólicoapagón das televisións Canal Sur, Telemadrid, Canal9 ou TV3, que informa na súa web de que os traballadores se sumaron ao paro pola "reforma laboral e os recortes sociais"; mentres, Telemadrid dicía nunha mensaxe en pantalla que "a folga xeral, convocada polos sindicatos contra a reforma laboral do Goberno da Nación, impide a emisión de Telemadrid".
O seguemento da folga xeral no Estado é do 85% a primeiras horas da mañá segundo CCOO e UGT
Na súa última comparecencia, CCOO e UGT sitúan o seguimento do paro nun 85% a nivel estatal ata as 8 da mañá, un dato moi superior á folga xeral convocada o pasado mes de setembro e incluso ao de 2002. Os sindicatos, ademais, critican o "desproporcionado" despregamento policial que disque lles recorda "ao desembarco de Normandía". O Goberno, pola súa banda, fala de "total normalidade", mentres que a CEOE asegura que o seguemento é "desigual", aínda que recoñecen a súa importancia no sector industrial. 
Nos mercados de abastos das principais cidades o seguimento está sendo practicamente total, tanto en Mercabarna coma en Mercamadrid ou Mercavalencia, o mesmo que en Bilbao ou Santander. Infórmase de que en Madrid entraron apenas uns vinte camión en toda a noite.
O paro é absoluto nas plantas de Renault en Valladolid, Seat en Martorell, Volkswagen en Navarra, Ford Amusafes e Airbus en Toledo. Segundo datos dos sindicatos, o paro acada cifras de seguimento do 76% en Correos, mentres que en alimentación e química se sitúa entre o 80% e o 90%. O 91% dos traballadores de Renfe e Adif se sumaron á protesta, segundo UGT.
Foi nestes contexto no que se iniciou o pleno no Congreso dos Deputados, ao que non acoden os parlamentarios do BNG, de Esquerra Republicana e da Izquierda Plural. No Parlamento de Galicia non corresponde celebrar pleno pero si dúas comisións, ás que só acudirán representantes do PP.

O consumo eléctrico descende case un 25%, igual que na folga de 2002 e moi por riba da de 2010


Ás nove da mañá o consumo era de 25.531 megavatios, un 24,8% inferior ao do xoves pasado a esta hora (33.950). A demanda de enerxía é lixeiramente superior ao dun domingo, segundo datos de Red Eléctrica de España.
Red Eléctrica de España programou unha baixada da produción eléctrica dun 30% para a mañá do xoves, o que indica que, segundo os seus modelos, o seguimento da folga xeral pode ser moi importante. A predición de REE coincide cun día típico de domingo. Por exemplo, o domingo pasado gastábanse 25GW a media mañá, exactamente o programado para este xoves.
Como referencia poden servir os datos de descenso do consumo eléctrico de folgas anteriores. En 1988, na folga contra a política económica do Goberno de Felipe González, a demanda de enerxía descendeu un 34% en todo o día. Na folga xeral de 1994 o descenso foi do 27'5%, aínda que hai que ter en conta que esta folga tivo lugar en xaneiro, cun consumo de calefacción moi superior. En xuño de 2002 o descenso ao longo de todo o día foi do 20,8%, case en 25% ás nove da mañá. Finalmente, en setembro de 2010 o descenso acumulado en toda a xornada foi do 16%.
Descenso do consumo eléctrico nas folgas xerais
 9:00Media
201224,8%-
201019%16%
200225%20,8%
1994 27,5%
1988 34%

Seguimento masivo da folga da CIG


A Confederación Intersindical Galega valora moi positivamente o seguimento da folga xeral a primeira hora da mañá ao constatarse a paralización total da actividade industrial, do transporte público e dos servizos de recollida do lixo nas principais cidades galegas. A central nacionalista amosa a súa satisfacción polo masivo apoio obtido pola convocatoria entre a clase traballadora galega e denuncia a desmesurada actuación dos corpos policiais.
2012 03 29 CitroënVigo01
A CIG considera cumpridas as expectativas con respecto á xornada de mobilización despois de comprobar que a actividade industrial se atopa totalmente paralizada. O paro tamén está a afectar aos servizos de recollida do lixo e ao transporte público, que funcionan con servizos mínimos. Para a central nacionalista este apoio amosa o masivo rexeitamento á nova reforma laboral do Partido Popular e agarda que o alto índice de participación se manteña durante toda a xornada.
A tónica xeral está a ser a ausencia de incidentes graves, o que contrasta coa desmesurada actuación dos corpos policiais. De feito, durante a noite producíronse algunhas agresións a piquetes, numerosas identificacións e un xornalista da CIG foi detido. A estas horas xa se atopa en liberdade.
Os principais polígonos industriais do país amencían desertos e sen a penas presenza de traballadores/as. As empresas máis importantes tampouco rexistran actividade, como é o caso de Citroën en Vigo; Zara Loxística, Repsol e Alcoa na Coruña; Alumina en Lugo; Dalfor e Adolfo Domínguez en Ourense; Navantia en Ferrol; Grupo Televés, Papeleira de Brandía e Castrosúa en Compostela; Celulosas en Pontevedra;
Os portos e as lonxas de peixe tampouco rexistran actividade algunha, ao igual que os aeroportos e o servizo de trens. Esta paralización total déixase sentir tamén nas rúas, onde case non se aprecia tráfico ou movemento de persoas.
A CIG esixe a retirada da reforma
Neste senso, o secretario xeral da CIG, Suso Seixo, valora como altamente positiva a participación na folga xeral, en función dos datos dos que dispón a central sindical, cun seguimento que, a esta hora é superior ao que había á mesma hora na folga xeral do 29 de Setembro.
Para o secretario xeral da CIG, nesta folga “estámonos xogando conseguir parar unha reforma laboral feita á carta para os empresarios, que desmonta o dereito do traballo e que deixa que sexan as empresas quen decidan de forma unilateral sobre as condicións laborais”.
O obxectivo da CIG, con esta convocatoria, “é que se retire, porque supón o ataque máis grave que se ten asestado á clase traballadora desde o franquismo”, explica e adianta que a central sindical “seguirá loitando contra esta reforma mañá e nos días seguintes”.
Seixo demandou ao PP que “sexa sensíbel co clamor popular” e que non impoña a súa maioría. Engade que a CIG “dará a batalla nas empresas e nos convenios colectivos”.
Lembra que esta reforma non permitirá crear emprego “está dirixida unicamente a facilitar e abaratar o despedimento; proporcionar man de obra barata e favorecer a competitividade pola vía da precarización.
 Fronte a isto, aposta por reactivar a economía, que é a clave para crear emprego, algo que non se conseguirá se se mantén esta política de recortes. “Hai que facer políticas para a maioría social e non para os especuladores”.
Vigo
Na quenda de noite de Citroën case non entrou xente, mentres que a da mañá atópase totalmente paralizada. 100% paro na recollida do lixo. Só servizos mínimos no transporte urbano (Vitrasa) e taxi. Faro de Vigo non se editou, ao igual que a edición galega de El País. Paro total no porto, en MercaVigo, en Dalphi Metal e nas empresas da Zona Franca e dos poligonos de Valadares e Caramuxo (basicamente sector metal e afíns, automoción...). Paro en Alcampo, nas obras do AVE en Chapela, Redondela, e nas obras de construción do novo hospital de Vigo.
Ferrol
Os polígonos industriais, os estaleiros, a limpeza dos concellos, o transporte, a estación de Autobuses, todo está pechado. A xornada está sendo tranquila, agás tres detidos de CCOO, dous nas Pontes e un no Polígono de Fene.
Pontevedra
O polígono do Campiño está parado, o Porto de Marín tamén, na Estación de Autobuses, onde a flota de Monbús é do 90%, non saen. Celulosas está parada.
Lugo
En Alcoa non entrou a quenda da noite nin a das 6:00 horas da mañá. No transporte público só funcionan os mínimos, a estación de autobuses xa nin abriu. Paralizada a actividade nos polígonos do Ceao e de Xove.
Compostela
O transporte está parado, de feito está pechada a Estación de Autobuses e non saíron nin os mínimos. Polo momento, están pechados, o 100% o Grupo Televés, a Papeleira de Brandía e Castrosúa. No polígono do Milladoiro, está todo parado, até a gasolineira, que está pechada. A Universidade está pechada e a Xunta de Galiza paralizada en máis dun 80%, ao igual que o Concello.
No polígono do Tambre os accesos están pechados. Na zona de Meixonfrío están os accesos cortados, pero tampouco hai movemento.
Ribeira
Os polígonos de A Tomada (A Poboa) e Xarás (Ribeira) que acollen a uns 1.800 traballadores/as e nos que se ubican algunhas das empresas máis importantes (Frinsa, Congalsa, Procesados Pesqueros, Salica S.A. ou Limber Multiservicios) están practicamente inactivos.
Só temos constancia de que en Congalsa (unhas 350 traballadoras) só entrou un turno ás 6.00 (unhas 10 persoas).
Non hai coches nos aparcamentos dos polígonos.
Ourense
No polígono do Pereiro está todo paralizado, até a gasolineira e a ITV, agás unha parte dunha empresa téxtil, na que a actividade non supera o 25%. No parque tecnolóxico practicamente non hai movemento.
No polígono de San Cibrao, paro absoluto. Salienta a importante presenza da Garda Civil, en contraste coa ausencia de movemento, nin coches, nin vehículos pesados. Na quenda das seis da mañá o movemento foi mínimo. Tampouco houbo recollida de lixo.
A Coruña
Sabón, o Porto ou a lonxa están pechados. En Zara loxística segue sen entrar a quenda de primeira hora da mañá. Tamén están pechados o porto pesqueiro e máis o comercial. Apenas hai movemento nas rúas.

quarta-feira, 28 de março de 2012

O día 29 folga xeral! todoa á rúa!!!


O día 29 todas e todos á rúa!

Ofrecemos os horarios das manifestacións convocadas pola CIG que terán lugar nas diferentes cidades e vilas galegas no día da folga xeral, mañá día 29 de marzo.
Vigo: ás 12.00 horas dende o cruce da Doblada
Lugo: ás 12.30 horas dende o parque de FRIGSA
A Coruña: ás 12.00 horas dende a Praza de Vigo
Vilagarcía: ás 12.00 horas dende a Casa do Mar
Compostela: ás 12.30 horas dende a Praza Roxa
Ribeira: ás 11.45 horas na Praza do Peixe
Cee: ás 12.00 horas diante do Concello
Pontevedra: ás 12.00 horas dende a Praza da Ferrería
Foz: ás 19.00 horas na Casa do Concello
Ferrol: ás 13.00 horas dende a Avenida de Esteiro (local da CIG)
Xinzo de Limia: ás 11.30 horas na Praza do Concello
Ourense: ás 12.00 horas desde o pavillón dos Remedios
Verín: ás 11:30 horas na Praza do Concello.

Contra os recortes no ensino, contra a reforma laboral.
O 29 de marzo, obreiros e estudantes temos que respostar de forma conxunta como nas grandes ocasións da historia!
Se nos organizamos, podémolos parar!

segunda-feira, 26 de março de 2012

Boas e malas novas para os clubes galegos

Deixando ó marxe a derrota do Celta en Huesca, cabe destacar a nova victoria do Deportivo, esta vez contra o 6º clasificado, o Córdoba, nun partido no que os andaluces comezaron dominando pero o gol foi do Dépor.
Un gol de Borja no minuto 20, e outro de Aythami no segundo tempo, deron a victoria final ós galegos, que seguen coa súa racha de 16 partidos en Riazor e só unha derrota e un empate.
O estadio de Riazor presentaba un aspecto inmellorable, preto de 34.000 afeccionados nun domingo á noitiña, o oitavo estadio da liga española e o primeiro da Galiza.



O derbi entre o Celta B e o Coruxo quedou en táboas, logo dun emocionante partido disputado nun campo do Barreiro ateigado.
Os vigueses seguen a pechala táboa en postos de descenso, pero a tan só 3 puntos da salvación. Con todo haberá que agardar á próxima xornada


Pola contra o Lugo, o segundo clasificado, non puido disputa-lo seu partido porque os xogadores do Xetafe B  padecían unha gastrointerite múltiple.

domingo, 25 de março de 2012

O goberno español fai lista dos concellos que non colgan a bandeira española para tomar represalias

O goberno español está a recopilar datos dos municipios cataláns que non colgan a bandeira española para establecer represalias legais. Mentres que os avogados do caso polo estado están investigando, algúns casos foron á Xustiza, segundo fontes do goberno español.

A controversia sobre o rexeitamento de moitos concellos de hiza-la bandeira española rebrotou o 18 de febreito cando centos de persoas fixeron un acto simbólico, en Sant Pol de Mar, convocados pola Asamble Nacional Catalana, que retirou a bandeira en protesta contra unha sentenza que lles obrigaba a colgala.

Adelegación do goberno español anunciou que denunciará ós concellos cataláns que non teñan a bandeira española nos seus edificios consistoriais. A delegada, María de los Llanos de Luna, dixo que enviará un requerimento ós concellos que incumplan a lei para que establezcan así a bandeira española nos seus edificios consistoriais. E en caso de que non fagan caso ó requerimento, di que os denunciará nos xulgados a través da avogacía do estado.





Fonte: Vilaweb

sábado, 24 de março de 2012

Monti di que "España está a dar motivos de gran preocupación a Europa"

O primeiro ministro italiano, Mario Monti, dixo que " España está dando serias preocupacións en Europa", como a súa situación económica podería causar "contaxio que pode estenderse por todo o continente." Monti, de 69 anos, participou nun foro realizado en Cernobbio pola Confederación Xeral de Comercio Italiana (Confcommercio), enfocando o proxecto de reforma laboral proxecto aprobado venres polo Consello de Ministros."España fixo unha reforma laboral innegable, moi forte, pero non prestou atención igual para as contas. Europa está dando serias preocupacións porque as súas taxas de interese soben e basta o suficiente para recrear os eventos que, a través da exposición, que pode afectar ", dixo. Monti tamén engadiu que esta situación "moi desagradable", "podería revertir" o país que goberna "varios meses".No seu discurso, o primeiro ministro italiano dixo que non podía prometer crecemento en 2012, pero menos recesión, aínda que iso vai ter o apoio da clase política italiana enteira. Tamén criticou que "a conciencia tardía da crise" polo goberno anterior de Silvio Berlusconi, "aínda máis difícil reducir impostos e estimular o crecemento." Monti defendeu a súa reforma laboral, respondeu por sindicatos italianos na medida en que podería custa-lle unha folga xeral.Na reforma, o Goberno estableceu unha meta de tecnocrata do mercado de traballo "dinámica e flexible" en Italia, crear emprego e estimular o desenvolvemento ea competitividade das empresas, contribuíndo ao crecemento do país. Nun comunicado difundido venres, informou de que o Executivo decidiu a aprobación por unha fórmula que dá ao texto un carácter provisional, agora pode ser editado no Parlamento.O Goberno italiano, na súa declaración, asegurou que o traballo é "unha reforma hai moi esperada do país e fortemente desexado por Europa e polo tanto discutidas cos interlocutores sociais." A definición polo Goberno do paquete veu despois dunha semana de negociacións entre o goberno, os empresarios e os sindicatos foron escépticos en relación a propostas do goberno.Un punto que suscitou máis polémica e oposición dos sindicatos foi a decisión da Oficina de Monti para cambiar o artigo 18 do Estatuto dos Traballadores, que regula as condicións de despedimento en empresas con máis de quince empregados . 

Galiza gañalle a Catalunya en rugbi

A selección galega de rugbi masculina derrotou por 21-20 á catalana logo dun apertado partido.
Moitos foros os siareiros que se deron cita este Sábado no campus universitario da Universidade Laboral (concello de Culleredo).
Na última xogada do partido, xa en tempo engadido, os galegos transformaron un "try penal" ou ensaio de castigo que fixo do campo unha festa.
Con todo foi un triunfo máis e merecido para o noso país, viva Galiza.


O Celta logra un empate nos últimos minutos

O Celta volta a pinchar, esta vez contra o Huesca. Nun partido no que os celestes tiveron o balón e o control do partido, pero a falta de sorte e un gol temperá de David Vázquez puxo o partido en contra dos vigueses.
Aínda así os de Paco Herrera non baixaron a cabeza, seguiron apertando ata que no minuto 80 de partido Joan Tomás abría a lata a favor do conxunto galego e conseguindo así un merecido, pero inxusto punto para os nosos.
Pero non son todo malas novas, os de arriba pincharon todos, tanto o Hércules perdendo 1-3 contra o Gimnástic (colista da táboa) e o Almería nas Palmas.
Con todo, o Deportivo ten unha inmellorable oportunidade para poñerse aínda máis líder mañá ás 20.30.


Horarios equipos galegos 24/03/2012

Extreamos sección semanal. Dende agora cada venres publicaremo-los horarios dos equipos galegos de fútbol.

S.D. Huesca-Celta de Vigo                    Sábado ás 18.00


Deportivo da Coruña-Córdoba             Domingo ás 20.30


Lugo-Xetafe                                           Domingo ás 17.00


Celta B -Monteñeiros (Derbi)                Domingo ás 17.00(G2)

Atlético B-Coruxo                                  Domingo ás 17.00

sexta-feira, 23 de março de 2012

Cándido Méndez e Toxo chaman a folga na Galiza

Comisións Obreiras acusou oxe á Xunta de prericación ó impoñe-los servizos mínimos. O secretario xeral de CC.OO. na Galiza, José Manuel Sánchez Aguión, asegurou que o Goberno galego fixa habitualmente uns servizos mínimos excesivos, como soe recoñece-la xutiza. O problema é que o pronunciamento dos xuices sempre chega tarde, despois de que as folgas xa se celebraran. No mesmo acto en Santiago, os secretarios xerais de CC.OO. e UXT, Toxo e Cándido Méndez, fixeron un chamamento ós traballadores para que a folga xeral convocada para o próximo día 29. Durante unha convención con delegados sindicais en Santiago, ambs líderes, destacaron que trátase da reforma laboral máis regresiva na historia da democracia ó tratarse dunha regulación dirixida ó despido e aseguraron un largo conflicto social de non producirse cambios.

Toxo criticou a hipocresía dos dirixentes empresariais ue reivindican agora o dereito ó traballo pola convocatoria de folga cando o resto do ano se dedican a destruílo e Méndez recordou que a reforma aséntase sobre as falsedades ideoloóxicas.
Os líderes sindicais denunciaron que recurrirán ós decretos de servizos mínimos porque considéranse abusivos.
Ambos coinciden en que se está "utilizando o medo" e "tratando de xogar cos servizos mínimos para impedir" o exercicio de dereito a folga.




Folga Xeral 29 de marzo

Esta folga prévese ser de mobilizacións masivas en todo o noso país e tamén no estado español.
A causa desta folga e a aprobación da reforma laboral aprobada por PP, CiU, UPN e FAC. Que o único que conseguirá e crear máis paro e empiorar á Galiza.

Dende a nosa web apoiamo completamente esta mobilización masiva de esquerdas e chamamos a tódol@s cidadáns para acudir a ela en protesta da política autoritaria do PP.
Esta crise é froito da avaricia da banca e dos mercados, da mala xestión dos polítos e empresarios, que son os reaponsables desta situación de paro e exclusión social na que nos atopamos.

Políticos que en lugar de intervir no desarrollo e sostibilidade, malversan fondos públicos en infraestructuras e macroeventos altamente custosos e inmantibles. Políticos que pagan en favores á banca, nos xigantescos créditos que deben seus respectivos partidos. políticos que lexislan e administran en pro de grandes empresas e corporacións que mñais tarde reubicanlles con postos de altos executivos.
É necesario paraliza-lo país ata que os políticos se den de conta de que o interés xeral está na rúa, non en despachos executivos.