domingo, 29 de abril de 2012

Representación dos Mártires de Carral

Como cada ano nestas datas, celebrouse unha representación teatral no concello coruñés de Carral na honra dos Mártires de 1846, cuxa valentía e entusiasmo foi a semente do noso actual país.




                                                             


Esta é a 17ª edición desta obra, esta vez celebrada no Pazo de Reboredo, coa estimable colaboración dos propietarios de dito pazo e o concello de carral.
O acto estivo ameizado polo grupo " A Quenlla" e numerosas gaitas que interpretarían o hino galego para finaliza-lo acto.


A asociación "Abril de Lume e Ferro" foi a principal organizadora desde xa tradicional evento que abarca todo unha fin de semana. Dito evento comezou cunha charla sobre este feito histórico por Xosé Ramón Veiga, profesor da Universidade de Santiago. 
O sábado representaría a obra teatral de Manuel María, que recrea o comezo do prununciamento, así como as súas caus e o desenlace. 
O acto finalizou coa actuación de Isabel Risco, colaboradora de Tourilanda, na TVG, ofreceu un monólogo.


Homenaje a los mártires de Carral
Ofrenda froral ó monumento dos Mástires de Carral


A revolta

Sendo raíña de España Isabel II, que contaba daquela con 13 anos de idade, o presidente do Goberno Central, o xeneral Narváez, instaurou unha ditadura que provocou enfrontamentos populares. O 2 de abril de 1846 levantouse en Lugo o batallón mandado polo coronel Miguel Solís, disolvendo o Consello Provincial e a Deputación; outras prazas sumáronse nos días seguintes. O 15 de abrilconstituíuse en Compostela a Xunta Superior do Reino de Galicia, que reclamou as liberdades e dereitos que Narváez abolira e un trato máis xusto para Galiza, que os sublevados consideraban literalmente tratada como "verdadeira colonia da corte". Unha vez declarada a revolta, Solís dirixiu unha arenga aos seus soldados.

 

A represión da revolta

O xeneral Narváez enviou tropas baixo o mando do xeneral Gutiérrez de la Concha para recuperar o territorio. O día 23 de abril comezou a batalla de Cacheiras, na localidade homónima, (concretamente o espazo situado entre as casas da Ribeira e a cima de Montouto)[1] entre as tropas de Madrid e as galeguistas de Solís, que foron derrotadas. A gran superioridade das tropas do goberno central fixo inútil a resistencia. As tropas do xeneral De la Concha entraron en Compostela a saqueo e pillaxe, segundo se lles prometera.
Solís refuxiouse nun primeiro momento en San Martiño Pinario, pero entregouse esa mesma tarde. Foi xulgado tres días despois en Carral, nun xuízo sumarísimo, e condenado a morte xunto cos seus compañeiros sublevados. O medo á reacción dos seus simpatizantes explica que o xuízo tivese lugar en Carral e non en Santiago ou na Coruña.
Ao serán, o coronel Solís foi levado ao adro da igrexa de Paleo, onde foi fusilado. O comandante Víctor Velasco e dez oficiais máis foron pasados polas armas na Fraga do Rei, entre Carral e Paleo, e foron enterrados no día seguinte no cemiterio de Paleo, sen que se escribise sobre as súas tumbas inscrición ningunha. O párroco, que presenciou o fusilamento, na acta de defunción engadiu: "Espectáculo horroroso. Triste Memoria".


Recoñecemento

Dez anos despois, un novo goberno nomearía como "beneméritos da Patria" aos doce fusilados. As Cortes concedéronlles a "Cruz de valor e constancia" e decretaron a erección dun monumento, que non se levou a cabo ata o ano 1904, cando, por iniciativa da Liga Galega da Coruña, erixiuse o actual, construído no centro de Carral con granito das canteiras do Illó (Pontevedra) e deseñado polo arquitecto lucense Juan Álvarez Mendoza. Pódese ver o escudo de Galiza e unha inscrición que di: "Mártires da liberdade. Mortos o 26 de abril de 1846". Este monumento, aínda que non se poida considerar en si un cruceiro, reúne motivación e formas de tal e, ademais, a estrutura da obra ten forma de cruz. Este recordatorio físico sería escenario de varias homenaxes, como a celebrada o 26 de abril de 1931 e da que se conserva unha fotografía na que se ve a Manuel Lugrís Freire dirixíndose aos asistentes.
Segundo conta Manuel Murguía, nesa curta primavera de 1846 só aflorou durante 24 días de ilusión e progresismo contra o Goberno de Narváez, que a pesar de dicirse liberal e moderado, tiña na súa contra á mediana e pequena burguesía, a moitos universitarios e bastantes profesionais próximos ó republicanismo. Aquela constituíu a primeira xeración galeguista, formada por persoas que confiaban en que se Solís obtiña éxito sería posible mellorar a situación de Galiza cun xeito distinto de facer política, sen ser unha "colonia da Corte", en palabras de Faraldo.

sábado, 28 de abril de 2012

Que volte a Irmandiña

Grazas á acción "desgaliguizadora" do PP no noso país, quedou a selección galega disolta, por ser "un gasto inútil", cousa que nos gostaría que replantexaran despois de observar vídeos como este no que acoden máis seareiros a un partido da seleción galega que a un da española.



sexta-feira, 27 de abril de 2012

A taxa de paro en Galiza supera o 20% da poboación activa

A EPA do primeiro trimestre do 2012 ofrece un panorama desolador do emprego en España e en Galiza. No noso país hai 265.000 parados. Esta cifra equivale ao 20,18% da poboación activa. E supón un incremento notable do número de desempregados tanto fronte ó anterior trimestre (25.000 máis) como en comparación co mesmo período do ano anterior: 39.000 máis.



Por provincias, os peores resultados absolutos danse en Pontevedra . Nela a taxa de paro dispárase ata o 25,08 % da poboación activa (22,98 % na EPA do último trimestre do 2011; 17,9 no mesmo período do ano anterior). Hai no seu territorio 114.900 parados (104.800 na anterior publicación, 93.700 hai un ano).
A segunda provincia que presenta unha peor taxa é Ourense, cun 20,10 % (19,08 % na anterior EPA; 17,9 % na do primeiro trimestre do 2011). Hai nela 27.200 parados, 700 máis que na anterior enquisa (2.300 máis que hai un ano) e 3.000 máis que en Lugo , onde a porcentaxe de desempregados baixa ao 15,57 %.
O lucense é o mellor dato galego, pero supón un incremento da 3,5 % fronte ao de finais de 2011. E un 2% máis que o de comezos dese ano. A cifra absoluta alcanza os 23.900 parados, 5.000 máis que na última EPA; 3.000 máis que na do primeiro trimestre do 2011.
Na provincia da Coruña hai 99.500 persoas sen emprego e unha taxa do 17,5 %, un punto e medio superior á do último trimestre do 2011, o que supón case 9.000 parados máis.
Na comparación interanual, a provincia máis poboada de Galiza aumenta en dous puntos a súa taxa de paro, o que supón uns 12.000 desempregados máis.
No conxunto de España o número de desempregados aumentou en 365.900 persoas no primeiro trimestre ata 5.639.500 e a taxa de paro subiu 1,59 puntos e situouse no 24,44 % da poboación activa. É a maior subida desde o terceiro trimestre do 2009. E a terceira máis alta desde o inicio da crise.
Segundo a EPA , no primeiro trimestre a ocupación diminuíu en 374.300 persoas ata situar o número de ocupados en 17.433.200 e a taxa de actividade permaneceu no 59,94 %. Subiu en todas as comunidades autónomas.
O número de fogares con todos os seus membros en paro foi de 1.728.400, 153.400 máis que no trimestre anterior, mentres que aqueles en os que todos os seus integrantes están ocupados diminuíu en 252.300, ata os 8.593.700.

terça-feira, 24 de abril de 2012

NÓS-Unidade Popular apoia a valente decisom soberana do governo argentino de nacionalizar a petroleira YPF




A esquerda independentista galega manifesta o seu incondicional apoio ao executivo argentino no seu atual litígio com a ex-metrópole espanhola, empenhada em manter a qualquer custo os interesses das suas multinacionais energéticas no continente americano.
A medida nacionalizadora e a declaraçom da política energética e de abastecimento energético como “de interesse público” é umha medida progressiva e soberana que só pode merecer o respeito dos governos e dos povos.
No caso da Galiza, carecendo de um governo soberano que poda representar-nos, deve ser o movimento popular progressista e revolucionário o que manifeste o pleno apoio à recuperaçom de YPF por parte do governo argentino presidido por Cristina Fernández.
Ao mesmo tempo, NÓS-Unidade Popular quer denunciar a campanha de insultos, difamaçons e ameaças protagonizadas na última semana por membros do governo reacionário espanhol, com o apoio do principal partido da oposiçom e dos principais meios de comunicaçom ao serviço da oligarquia espanhola.
No seu bem conhecido estilo neocolonial de prepotente império em decadência, o Estado espanhol mostra-se como simples servidor do grande capital, em lugar de assumir e retificar os péssimos resultados que para os povos submetidos polo imperialismo espanhol tivo a privatizaçom sistemática de grandes empresas públicas nas décadas de 80 e 90, incluída a própria Repsol, que em 1997 passou a maos privadas e iniciou umha política de saque permanente dos recursos naturais da América Latina.
Defender a posiçom argentina no atual conflito com o Reino de Espanha é defender o direito de todos os povos à soberania plena sobre os seus recursos naturais e energéticos, assim como à tomada de decisons políticas soberanas frente aos poderes económicos, tanto estrangeiros e como das respetivas burguesias nacionais.
Sabemos bem na Galiza o que significa carecer do poder político para decidir sobre todos os assuntos importantes que afetam a maioria social. A imposiçom do domínio estrangeiro do grande capital espanhol é o mais duro entrave para o nosso desenvolvimento como povo em todas as esferas da vida social, económica, cultural e lingüística.
Hoje, nom podemos deixar de ser solidários e solidárias com o povo argentino na sua afirmaçom soberana frente ao poder das multinacionais e dos governos lacaios às mesmas.
Galiza, 16 de abril de 2012
Direçom Nacional de NÓS-Unidade Popular
Fonte: NÓS UP

Diante do 1º de Maio, NÓS-UP defende avançar "por umha greve geral de 48 horas"


                240412 1m

1º de maio: Após o êxito de 29 de março há que seguir luitando. Por umha greve geral de 48 horas.

O maciço apoio à greve geral de 29 de março exprimiu a firme vontade da classe obreira galega de luitar polos nossos direitos laborais e liberdades ameaçadas polas políticas ultraliberais que está aplicando o atual governo do PP, como antes fijo o do PSOE.
As decisons adotadas posteriormente por Rajói, com a apresentaçom de uns orçamentos reacionários que incidem na destruiçom das conquistas sociais e no incremento do IRPF, acompanhado de umha amnistia fiscal que legaliza a especulaçom e a fraude das grandes fortunas, assim como novos passos na privatizaçom da sanidade e educaçom, confirmam que énecessário manter e radicalizar a luita para frear a ofensiva burguesa.
Sabíamos e sabemos que com umha só greve geral nom se pode tombar a reforma laboral.  Nom podemos pois deixar-nos arrastar polo conformismo e a resignaçom. Temos que seguir na luita. Nom há outra alternativa!
A unidade obreira e a firme decisom de luitar do conjunto do povo trabalhador galego som poderosas armas que nos fam invencíveis. Um povo unido, organizado e com consciência é temido e respeitado polo seus inimigos.
Esta é umha batalha longa e difícil. Mas podemos, e sobretodo devemos, ganhá-la!
Porém, para podermos lograr vitórias temos que somar mais energias, golpear com mais força, para que assim se escuite o clamor popular. Temos que rebelar-nos!
A burguesia sabe que o presente é de luita e o futuro é nosso. Por este motivo, está a rearmar-se, reforçando os aparelhos repressivos, preparando umha nova reforma do Código Penal para criminalizar ainda mais a luita obreira e popular.
Frente este adverso panorama, até o momento a contraofensiva de classe foi e seguesendo insuficiente como medida de pressom que altere as políticas do PP. Éimprescindível, pois, prosseguir na luita, nom dar trégua. Continuar polo caminho abertono dia 29 de março.
A unidade e permanente mobilizaçom da classe obreira e do conjunto do povo trabalhador é a única forma para mudar as receitas económicas que nos condenam ao desemprego, à pobreza, e à precariedade. Às políticas ao exclusivo serviço dos interesses da grande burguesia espanhola e internacional.
 A Revoluçom Socialista é a única via da nossa emancipaçom
Nestes últimos anos, fomos aprendendo que os partidos sistémicos defendem e representam interesses similares. Que PSOE e PP som as duas caras da mesma moeda. Também tivemos ocasiom de comprovar como as alternativas da esquerda reformista (BNG e IU) quando gerem espaços institucionais, aplicam políticas mui parecidas com as do PSOE e PP.
Nom há, portanto, soluçom aos nossos problemas, nem temos futuro algum no capitalismo. Há que mudar de sistema. Há que vertebrar um amplo espaço obreiro e nacional que levante sem complexos e timoratismo a alternativa socialista. Que indique sem ambigüidades que a única forma para acabar com este inferno é a via revolucionária. Nom podemos seguir deixando-nos enganar polas promessas eleitorais de um regime corrupto e apodrecido. Temos que contribuir para a sua queda.
A classe obreira galega tem que combinar a luita contra o Capital com a luita pola nossa libertaçom nacional. Galiza deve sair da zona euro, abandonar a Uniom Europeia e romper relaçons com os organismos imperialistas do capitalismo. Há que quebrar a submissom com o FMI e a UE. Mas, para o conseguirmos, temos que dotar-nos de um Estado próprio, exercendo o direito de autodeterminaçom para conquistar a nossa independência e plena soberania.
Este 1º de maio deve ser umha grande jornada de mobilizaçom e luita obreira. Tem que ser um enorme grito em prol da convocatória de umha greve geral de 48 horas na que a classe obreira ocupe as ruas e paralise totalmente o País.
Miguel, Telmo liberdade!
Viva a luita obreira!
Viva Galiza ceive, socialista e feminista!
Galiza, 1º de maio de 2012

Fonte: NÓS UP

10.000 persoas sen asistencia sanitaria en Galiza


O Consello de Ministros do pasado venres endureceu as condicións que se piden para acceder á tarxeta sanitaria, e con ela á atención sanitaria gratuíta. Xa non abonda con que unha persoa estea empadroada, como sucedía até agora, senón que se esixirá tamén a residencia fiscal, o que penaliza aqueles migrantes que neste momento se atopan sen emprego.
     Polo tanto, as personas que se atopen en situación irregular só poderán acceder ás urxencias e á maternidade, aínda que non de forma gratuíta. Calcúlase que isto pode afectar a 600 mil persoas en todo o Estado, dez mil delas en Galicia.
O Foro Galego de Inmigración cualifica a medida de "flagrante violación dos dereitos humanos" e de "decisión terriblemente inxusta" pola outra. Miguel Fernández, voceiro do Foro, explica que o solicitar algunha proba de "actividade económica" péchalle as portas a estas persoas, "que ao non teren legalizada a súa situación, non poden traballar". A plataforma considera que esta decisión "é unha terrible inxustiza, porque as persoas migrantes en situación de irregularidade administrativa non teñen nada que ver co chamado turismo sanitario”.
O Foro denuncia que "pecha na práctica a atención sanitaria a un dos colectivos en maior situación de vulnerabilidade" e que a "atención sanitaria de urxencias para este colectivo produciríase coa obriga de abonar os custos da mesma, o que de feito a imposibilita, ou cando sexan cuestións graves xerará debedas inasumibles". Fernández afirma que estas débedas impedirán no futuro "as posibilidades de regularización destas persoas".
Pola súa banda, o presidente de Facua-Consumidores en Acción, Paco Sánchez Legrán, cualificou de "inmoral perversión" negar a sanidade aos inmigrantes sen legalizar que non atopen traballo que pode "condenar á morte por desatención a multitude de cidadáns". Sánchez Legrán afirmou que constitúe un "insulto cheo de cinismo" que se castigue a medio millón de inmigrantes co argumento de non teren emprego, cando en España hai máis de cinco millóns de parados. Un estudo publicado hai catro anos aseguraba que as persoas migrantes empregan os servizos sanitarios con menos frecuencia que as nacidas en España.
O Foro Galego de Inmigración está a realizar un chamamento a partidos políticos, sindicatos, asociacións, entidades e a poboación en xeral "para que non permitamos que esta decisión chegue a concretarse no anunciado cambio lexislativo que estableza cidadáns de primeira e de segunda". O Foro introducirá esta cuestión da Plataforma pola Sanidade Pública, da que forma parte, e realizará unha campaña de concienciación ante a situación de vulnerabilidade e desprotección na que poden quedar estas persoas.

Fonte: Praza

sábado, 14 de abril de 2012

Durán i Lleida cre que só Galiza, Cataluña, Euskadi e Navarra deberían ter autonomía política

O líder de UDC e voceiro de CiU no Congreso, Josep Antoni Duran, defendeu que a autonomía política debería deixarse só a Cataluña, Euskadi, Navarra e Galiza, e para o resto de rexións establecer un "grao de descentralización eficaz".

Na súa carta-web á militancia de UDC recollida por Europa Press, Duran asegurou que, en contra da posición do presidente do Goberno, Mariano Rajoy, el si está disposto a "revisar" o Estado autonómico, pero que as súas teses son diferentes ás da presidenta madrileña, Esperanza Aguirre.

Duran responsabilizou a Manuel Clavero Arévalo --exministro e líder de UCD en Andalucía-- e aos socialistas andaluces "co aplauso de certos sectores do franquismo, os que empezaron coa homoxeneización e a emulación".

O resultado deste 'café para todos' é "multiplicación de institucións sempre por 17, televisións autonómicas en linguas castelá só como instrumento de poder e non como normalización dunha lingua diferente e un longo etcétera".

"Ás --comunidades-- artificiais sóbranlles competencias e ás naturais, fáltannos", indicou, e asegura que é necesario un cambio e reivindicou un modelo de España confederal.
Durán co ministro de Hacienda, Cristóbal Montoro FOTO: EFE


CRÍTICAS AO GOBERNO

Por outra parte, asegurou que esta semana se evidenciou que en comunicación, a estratexia do Goberno de Mariano Rajoy "non se podía facer peor".

"O mesmo Goberno se autolesiona", asegurou, valorando así as declaracións ao seu xuízo contraditorias entre os diferentes ministros e o paro do presidente do Goberno, Mariano Rajoy, quen optou por non facer declaracións ante a prensa.

Esta última imaxe "a nivel interno é nefasta e nas pantallas da BBC ou da CNN resulta demoledora", asegurou sobre a negativa este martes do presidente a facer declaracións aos medios no Congreso.

sexta-feira, 13 de abril de 2012

O galego, euskera, catalán e valenciano podería deixar de falarse no senado

O portavoz do PP no Senado, José Manuel Barreiro, asegurou que seu partido prantexarase ó resto dos grupos da Cámara Alta se manteñen ou retiran a posibilidade de usa-las linguas autonómicas nos plenos, unha medida que a seu xuizo foi "trabucada" e non só polo coste que ten, "que tamén".

"É obvio que o imos falar" dixo o portavoz en declaracións en Telemadrid, recollidas en Europa Press. Barreiro explicou que seu partido quere aborda-lo asunto pero que, pese a que a maioría absoluta que ten, non pode adiantar cal vai se-lo resultado".
"Estaría presumindo dunha posición que non tivo un debate previamente", dixo.

O portavoz popular reiterou a oposición do PP a que o euskera, galego, catalá, e valencián poidan emplearse nos Plenos do Senado para debati-las mocións cando tódolos parlamentarios comparten un idioma, o castelán, e lembrou que estas linguas xa se podían utilizar na Comisión Xeral de Comunidades Autónomas, o ámbito adecuado para iso, ó seu xuízo.

Acusou ademais ós impulsores da medida de "hipocresía" por non haber ampliado o uso dstos idiomas ós debates do Goberno, ás preguntas e interpelacións ó presidente e ós inistros, prá envita-la foto "en Europa".

"A postura como galegofalante, foi unha medida equivocada", insistiu. Preguntado sobre se se plantexarán a marcha nesta lexislatura, respondeu que plantexarase. "É obvio que o imos falar. Non lle vou dicir cal vai se-lo resultado diso, estaría presumninto unha posición que non tivo un debate previamente", concluíu.

quinta-feira, 12 de abril de 2012

Queremos galego, de novo 3 anos despois o 17 de maio


Mundo Galiza-A plataforma cidadá unitaria inicia unha campaña informativa previa que chegará a vilas e cidades de toda Galiza, ás comunidades da diáspora e ás redes sociais
«Son, co de hoxe, 117 días sen que a TVG cubra nin unha soa información ou acto sobre Queremos Galego ou A Mesa«, censurou Carlos Callón ante a ausencia da televisión pública na conferencia de imprensa desta mañá
A plataforma unitaria Queremos Galego, impulsada e coordinada pola Mesa pola Normalización Lingüística e da que fan parte case 700 entidades sociais de todo tipo, presentou formalmente esta mañá en conferencia de imprensa a convocatoria de manifestación nacional para o vindeiro 17 de maio, cuxo lema central será nesta ocasión «Paremos os ataques contra o galego«. 
Tal e como explicou Carlos Callón, presidente da Mesa e portavoz nacional da plataforma, «sobran os motivos» para mobilizarse e para «ateigar de novo» as rúas e prazas de Santiago de Compostela este vindeiro Día das Letras, precisamente cando se fan tres anos da primeira das multitudinarias manifestacións que se sucederon nos últimos anos contra a «política de desmantelamento da cooficialidade lingüística» e de «caza de bruxas contra o galego» emprendida polo goberno de Alberto Núñez Feijóo.
«Nestes tres anos non se produciu nin un só adianto para o galego», indicou Callón, e pola contra «o que hai é un goberno da Xunta máis preocupado en atacar a lingua propia e destruír a súa oficialidade que en resolver os problemas da xente«.
Para a ampla plataforma unitaria impulsora das máis multitudinarias mobilizacións cidadás en defensa do galego o actual goberno autonómico ultrapasou xa «moitas, demasiadas liñas vermellas». Unha das máis recentes, recorda a plataforma, é «cuestionar», mediante a «censura» de textos escolares, «que o galego é a lingua propia de Galiza«. «Hai agresións moi graves que a inmensa maioría da sociedade galega nin aproba nin está disposta a tolerar», advertiu Carlos Callón.
A conferencia de imprensa celebrada esta mañá, que serviu para presentar o deseño dos materiais da campaña informativa previa que a plataforma levará de aquí ao 17 de maio por vilas e cidades de toda Galiza e tamén a través das redes sociais, mediante o hashtag #17Mqueremosgalego, valeu tamén para constatar, unha vez máis, a censura informativa que padecen as actividades e iniciativas de Queremos Galego ou da Mesa pola Normalización Lingüística por parte da TVG. Co de hoxe son xa 117 días os que a televisión pública galega leva sen cubrir ningunha das informacións ou comparecencias da plataforma cidadá.

"Si hace el examen en gallego, no se lo corregimos"


Mundo Galiza-Eis a advertencia do tribunal do proceso de selección de bolsas para o departamento de Turismo do Concello de Redondela a unha aspirante que se dispuña a facer o exame no idioma propio de Galiza.
A afectada, que puxo o seu caso en coñecemento da Mesa a través da Liña do Galego, xa presentou un escrito de reclamación no rexistro municipal redondelán.
A Mesa considera o caso un «moi grave exemplo» de vulneración de dereitos lingüísticos no acceso a un posto de traballo e exixe ao consistorio que «rectifique» e á Xunta que «tome cartas no asunto».
A Mesa denuncia o «gravísimo caso» de vulneración de dereitos lingüísticos acontecido durante o proceso de selección para a provisión de varias bolsas de traballo na área de Turismo do Concello de Redondela, no cal se chegou ao extremo de o tribunal advertir a unha das candidatas, Natalia Soliño Figueroa, que non sería avaliada «se facía a proba en galego«. Deste tribunal facía parte un técnico do Padroado de Turismo das Rías Baixas, dependente da Deputación de Pontevedra, que foi quen ao parecer fixo a «advertencia«.
A asociación en defensa da lingua coñeceu este caso a través da chamada da propia afectada á Liña do Galego, o servizo de atendemento e consulta sobre dereitos lingüísticos que A Mesa pon ao dispor de toda a cidadanía a través de correo electrónico (linhadogalego@amesanl.org) e da liña telefónica 902 106 474.
A afectada xa presentou un escrito de reclamación no propio Rexistro do concello redondelán contra o que considera unha evidente «discriminación«. A aspirante ás bolsas indica que «en ningún punto» das bases da convocatoria se especificaba que fose «obrigatorio usar o castelán» ou que estivese prohibido «expresarse na lingua propia de Galiza» para optar a un traballo «nun concello que, obviamente, está en Galiza».
A Mesa demándalle ao Concello de Redondela unha «contundente investigación» dos feitos denunciados e porá de inmediato o caso en coñecemento do Valedor do Pobo e da Dirección xeral da Administración Local e da Secretaría xeral de Política Lingüística para que «actúen» e fagan ao consistorio redondelán «cumprir a lei«. A entidade recorda que é o propio artigo 5 do Estatuto de autonomía o que prohibe calquera tipo de discriminación por razón de lingua.
A maior asociación cultural de Galiza lamenta, por último, que polo momento as únicas declaracións públicas dos responsábeis municipais, nomeadamente do concelleiro Alberto Pazos e do propio alcalde, Javier Bas, fosen só para negar a versión da afectada e «exculpar» así os membros do tribunal do proceso selectivo. «Se o Concello sabe que se ‘meteu a zoca’ no asunto e hai unha presunta ilegalidade, o que debe facer é rectificar, non ocultar a realidade«, conclúe A Mesa.

terça-feira, 10 de abril de 2012

A igrexa católica non sufre recortes

A igrexa católica recibirá adestano 159 millóns de euros do estado español que corresponde ó imposto da renda das persoas físicas. Así consta nunha disposición oficial de "Presupuestos Generales del Estado" (PGE) do 2012.

A igrexa recibirá na liquidación deste ano, a conta do IRPF de 2011, un total de 248,2 millóns de euros. Para 2012, os PGE esriman que a asignación da igrexa alcanzará os 246 millóns dos 29.232 millóns de euros de recaudación do IRPF pola administración central de presupostados, anque a cifra definitiva dependerá da racadación real.

A estas axudas únense varias partidas do PGE de distintos ministerios para a financiación de capeláns militares, penitenciarios e hospitais públicos, convenios culturais e restauración de igrexas e de patrimonio histórico. A igrexa tamén recibe subencións das comunidades autónomas.

domingo, 8 de abril de 2012

Feijóo afrontoao peor momento do seu mandato

Alberte Nuñéz Feijóo, presidente da Xunta de Galiza recoñeceu que non será facil acada-la maioría absoluta nas próximas leccións xerais e que os inquéritos pintan mal en Vigo e en Ferrol. Debido ó crecente malestar nas filas do PP e o incerto futuro de Nova Galicia Banco.




       Reza Feijoo reza, Galiza deixará de ser de dereitas.

sexta-feira, 6 de abril de 2012

O capitalismo e as raíces da desigualdade



060412_pobreza Diario liberdade-O movimento "Occupy Wall Street" (OWS) fez da desigualdade na sociedade capitalista uma questão que pôs os ricos na defensiva, pelo menos em público. O aumento da desigualdade nos últimos 30 anos e especialmente na última década tem sido comentado ao longo dos anos em vários meios por analistas económicos e mesmo alguns políticos. Contudo, antes do movimento "Occupy Wall Street" levantar o slogan do 1% contra os 99%, esta condição era completamente pacífica e meramente observada como um inevitável facto da vida, mesmo que indesejável (a menos que se pertencesse ao 1%).

As desigualdades que deram ao OWS o seu grito de guerra são verdadeiramente obscenas e reminiscentes do fosso entre os monarcas da velha ordem e os servos camponeses.
Por um lado, 50 milhões de pessoas vivem de senhas de refeição, 47 milhões são oficialmente pobres, metade da população é classificada como pobre [i], 30 milhões são desempregados ou subempregados e dezenas de milhar de trabalhadores vivem com baixos salários.
Por outro lado, de 2001 a 2006, os 1% do topo conseguiram 53 cêntimos de cada dólar de riqueza criada. De 1979 a 2006, o décimo superior dos 1% (0,1%, ou seja 300 mil pessoas) conseguiu mais do que os outros 180 milhões de pessoas [ii]. Em 2009, enquanto os trabalhadores estavam ainda a ser dispensados em grande número, os executivos das 38 empresas mais importantes ganhavam um total de 140 mil milhões de dólares.[iii]
Estes números são apenas um reflexo da vasta desigualdade de rendimentos entre por um lado os banqueiros, os corretores e os exploradores das corporações e a massa de pessoas por outro. Tornou-se um escândalo, mas ninguém mexeu uma palha para fazer nada contra isto. Por isso, o movimento "Occupy Wall Street" começou a luta em nome dos 99% contra os 1%. E pegou como fogo.
Como a força motriz fundamental do movimento é a luta contra a obscena desigualdade de rendimentos, os marxistas devem apoiá-lo e participar totalmente na luta. Mas, o marxismo deve também estudar esta questão e dar-lhe uma interpretação de classe.
Podemos começar por perguntar o seguinte: o que significa lutar contra a obscena desigualdade da riqueza?
Significa certamente lutar por impostos para os ricos, usando o dinheiro para ajudar os trabalhadores e os oprimidos a sobreviverem à dureza económica do capitalismo. Ao fim e ao cabo, ser desempregado torna um trabalhador tão desigual quanto é possível sê-lo no capitalismo.
Igualdade dentro da classe operária e desigualdade entre classes
Normalmente, quando pensamos em lutar pela igualdade económica, pensamos na luta de ação afirmativa pelo emprego dos negros, dos latinos, dos asiáticos e dos povos nativos. A luta pela igualdade compreende lutar por salário igual e condições de trabalho iguais às dos brancos.
Implica também lutar por pagar igual por trabalho igual às mulheres trabalhadoras, isto é, terem o mesmo salário dos homens para trabalho comparável. E a luta pela igualdade inclui a luta pela garantia de igualdade económica entre trabalhadores normais e lésbias, gays, bi- ou transsexuais ou travestis.
Pedir a igualdade entre os trabalhadores imigrantes e sem documentos e os trabalhadores nascidos nos EUA, especialmente brancos, é uma componente essencial na construção da solidariedade e do avanço da luta de classe de todos os trabalhadores.
De facto, a luta pela igualdade económica dentro da nossa classe e entre oprimidos e opressores é fundamental para aumentar a solidariedade contra os senhores. Desigualdade e divisão no interior da classe trabalhadora é tanto um problema económico, como um perigoso problema político. Quebra a solidariedade e dá força aos patrões e ao seu governo.
Mas, o problema da desigualdade económica global na sociedade capitalista não é fundamentalmente um problema de desigualdade no interior da nossa classe ou entre a classe média e a classe trabalhadora. O problema fundamental da desigualdade massiva é a desigualdade entre a classe dominante capitalista e todas as outras classes, principalmente a classe trabalhadora multinacional.
A desigualdade entre a classe trabalhadora e a classe capitalista está embutida no sistema e está na raiz da questão. A chamada "excessiva" desigualdade entre a classe dominante e o resto da sociedade está constantemente sob ataque, como deve estar. Mas a desigualdade geral entre a classe dominante e todas as outras classes é tida como natural e raramente questionada.
Desigualdade genética do capitalismo
Esta é devida à maneira como o rendimento é distribuído no sistema do lucro. O rendimento da classe capitalista vem do trabalho não-pago dos trabalhadores sob a forma de lucro ou mais-valia. Tudo o que é criado pelos trabalhadores pertence aos patrões. E tudo o que é criado pelos trabalhadores contém tempo de trabalho não-pago. Os patrões vendem os bens e serviços e obtêm dinheiro pelo tempo de trabalho não-pago dos trabalhadores – é isso o lucro. Guardam parte para si próprios e enriquecem. A outra parte é reinvestida de modo a se tornarem mais ricos no próximo ciclo de produção e venda.
O rendimento dos trabalhadores, pelo outro lado, vem da venda da sua força de trabalho ao patrão, explorador. Os trabalhadores recebem vencimentos ou salários dos patrões. A quantia mantém-se sempre algures dentro da gama do que é necessário para sobreviver. Alguns trabalhadores são pagos um pouco melhor e podem dispor de um certo grau de conforto. Muitos trabalhadores, cada vez mais hoje em dia, conseguem apenas o suficiente para viverem uma vida de austeridade, enquanto outros dificilmente conseguem o suficiente para sobreviverem. Os salários no capitalismo são basicamente o que custa a um trabalhador subsistir e manter a família, de modo que os patrões tenham garantida a próxima geração de trabalhadores para explorarem.
Os salários dos trabalhadores ficam sempre dentro de uma estreita gama, quando comparados com o rendimento dos patrões. Nenhum trabalhador consegue alguma vez ficar rico contando com o seu salário, mesmo que bem pago. Mas, a classe capitalista como um todo fica automaticamente mais rica, mesmo que alguns capitalistas individualmente saiam dos negócios e sejam engolidos. Os patrões reinvestem continuamente o seu capital e mantêm vivo o processo em curso de exploração de cada vez mais trabalho.
Os patrões deixam a sua riqueza pessoal aos filhos, assim como o seu capital. Os descendentes, em regra, tornam-se cada vez mais ricos de geração para geração, enquanto os trabalhadores deixam aos filhos as suas magras posses de geração para geração. Os trabalhadores têm de lutar para manterem o que têm através dos altos e baixos das crises capitalistas e do desemprego cíclico.
Como alcançar a igualdade social e económica nestas circunstâncias?
Neste contexto, para o movimento OWS e todos os outros que sejam pela igualdade genuína, surge a questão de saber por qual igualdade exatamente estão a lutar. Se o objetivo final é a reforma do código fiscal, ou a redução do financiamento empresarial na política, ou a regulação da classe capitalista predadora e dos banqueiros avarentos, então o objetivo final limita-se a uma luta por uma forma de desigualdade menos obscena.
Trata-se certamente de um objetivo progressista e deve ser sempre prosseguido como meio de aliviar os trabalhadores e a massa do povo em geral. Mas, seja qual for a maneira de o fazer, se se limita a luta contra a desigualdade a mantê-la no quadro do capitalismo, isso significa lutar por menos desigualdade, mas também por mantê-la e consenti-la. O sistema de exploração de classe gera a extrema desigualdade entre classes.
Distribuição da riqueza e capitalismo
O facto é que a desigualdade na distribuição é um resultado do sistema de produção pelo lucro. Ora, conforme os marxistas mostram, as relações de distribuição decorrem das relações de produção. O que determina a distribuição da riqueza social é a propriedade privada dos meios de produção e serviços. Nenhuma redistribuição da riqueza no capitalismo, quer através de despesa estatal, quer de acordos com sindicatos ou qualquer outro método, consegue ultrapassar a desigualdade de classe que resulta do direito dos capitalistas a possuírem não só os meios de produção, como todos os produtos da produção.
Neste sentido, é útil uma análise escrita por Karl Marx em 1847. Marx tentava desmontar o argumento de que o trabalho e o capital têm um interesse comum no crescimento do capitalismo. O ensaio "Trabalho assalariado e capital" foi escrito com base em lições a trabalhadores alemães com consciência de classe que primeiro conseguiram organizar-se. Escreveu Marx:
"Vimos portanto que mesmo a situação mais favorável para a classe operária, designadamente o mais rápido crescimento do capital, por muito que melhore a vida material do trabalhador não elimina o antagonismo entre os seus interesses e os do capitalista. Lucro e salário continuam como antes em proporção inversa.
"Se o capital cresce rapidamente, os salários podem crescer, mas o lucro do capital cresce desproporcionadamente mais depressa. A posição material do trabalhador melhorou, mas à custa da sua posição social. O abismo social que o separa do capitalista alargou-se.
"Finalmente dizer que 'a condição mais favorável para o salário-trabalho é o crescimento mais rápido do capital produtivo' é o mesmo que dizer: quanto mais depressa a classe trabalhadora multiplicar e aumentar o poder do seu inimigo e a riqueza de quem reina sobre a sua classe, mais favoráveis serão as condições sob as quais será permitido lidar com a multiplicação da riqueza burguesa e com o aumento de poder do capital, contentando-se assim com forjar para si as cadeias douradas pelas quais a burguesia a arrasta no seu caminho." (Marxist Internet Archive).
Muito do ensaio de Marx é dedicado a mostrar que, independentemente das condições relativas de que os trabalhadores dispõem no sistema de exploração capitalista, quer sejam mais bem ou menos bem pagos e mesmo quando estão em boa posição negocial porque o patrão precisa deles para continuar a aumentar a produção, os trabalhadores perdem constantemente terreno em relação aos capitalistas, cuja riqueza aumenta imensamente. Por isso, está inscrito no próprio sistema de exploração o aumento sistemático da desigualdade entre as classes. Além disso, a classe trabalhadora está na melhor das hipóteses limitada para sempre a tentar "forjar as cadeias douradas pelas quais a burguesia a arrasta no seu caminho."
Marx então continua, mostrando que a chamada prosperidade dos trabalhadores é uma mentira, porque os patrões utilizam todos os meios para baixarem os ordenados, mesmo nos chamados "bons tempos".
O capitalismo na era da revolução técnico-científica e da globalização imperialista expandiu-se e evoluiu por saltos e descontinuidades desde os tempos de Marx. As classes trabalhadoras dos países imperialistas estão num caminho descendente, com os salários a baixar. Estão a perder terreno não só em termos relativos, mas também absolutos.
Os trabalhadores já não progridem nem lentamente no seu modo de vida, enquanto os capitalistas continuam em frente. Os salários estão a baixar. As condições estão a piorar. Os patrões arquitetaram uma competição salarial mundial entre os trabalhadores nos centros do capitalismo e as centenas de milhões de trabalhadores dos países de baixos salários. Os patrões usaram a deslocalização associada à tecnologia e à exploração dos trabalhadores imigrantes para promoverem esta competição. O exército global de reserva de desempregados e subempregados aumentou para centenas de milhões. Os trabalhadores estão sob pressão em todos os continentes.
Nos EUA, os salários têm descido desde os anos setenta (Perry L. Weed, "Inequality, the Middle Class & the Fading American Dream" – "Desigualdade, a Classe Média e o Fim do Sonho Americano"). A grande desigualdade que vemos hoje resulta do declínio absoluto dos salários. A parte de leão da nova riqueza vai para os financeiros e os donos das corporações em quantidades crescentes de mais-valia (trabalho não-pago) sob a forma de dinheiro.
É urgente procurar inverter o declínio absoluto das condições do proletariado e dos oprimidos. A luta contra o aumento obsceno da desigualdade tem que continuar e crescer.
A riqueza das empresas cria riqueza pessoal extrema
É importante notar que a obscena desigualdade no rendimento pessoal não é nada comparada com a riqueza das empresas, controlada não pelos 1% mas pela pequena fração deles que se sentam nos gabinetes de diretor dos bancos e das gigantescas corporações transnacionais. Foi a isto que Lenine chamou capital financeiro – o pequeno grupo de grandes empresas que controlam biliões de riqueza empresarial e a maior parte da produção da riqueza mundial.
Um estudo recente mostra que 147 corporações dominam 40% da riqueza empresarial mundial" ("Financial world dominated by a few deep pockets," "O mundo financeiro dominado por alguns bolsos cheios," ScienceNews, 24 Set., 2011). A propriedade privada e o controle de uma vasta riqueza financeira e empresarial pelo topo da classe dominante são o que está por detrás da imensa riqueza pessoal concedida aos administradores da lista dos 500 da Fortune e aos ricaços mundiais (grandes administradores e grandes acionistas do capital e da finança).
A questão é então: vamos parar a luta para a redução da desigualdade no capitalismo, vamos lutar para ajudar a forjar as "cadeias douradas" com as quais o capital arrasta o trabalho, ou vamos levar a luta contra a desigualdade até às últimas consequências e lutar para quebrar as cadeias da dominação de classe de uma vez? A desigualdade entre classes só pode ser abolida libertando-nos da classe capitalista de uma vez e do sistema de exploração sobre o qual toda a obscena riqueza está erigida.
[i] "Census data: Half of U.S. poor or low income," ["Dados do censo: metade dos americanos são pobres ou de baixo rendimento"] Associated Press, Dez. 15.
[ii] Jacob S. Hacker e Paul Pierson, "Winner-Take-All Politics" ["A política do quem-ganha-apanha-tudo"] (New York: Simon & Schuster, Kindle Edition, 2010), p. 3.
[iii] Perry L. Weed, "Inequality, the Middle Class & the Fading American Dream," ["Desigualdade, a Classe Média e o Fim do Sonho Americano"] Economy in Crisis online, Fev. 12, 2011.
Próxima 2ª Parte: Como a natureza da distribuição da riqueza decorre do modo de produção e Controle da riqueza empresarial: a fonte de riqueza pessoal extrema.
Extraído do anexo do próximo livro "Capitalism at a Dead End" ["O Capitalismo num Beco sem Saída"] de Fred Goldstein. Goldstein é também autor de "Low-Wage Capitalism" ["Capitalismo dos Pobres"]

Gmail en galego

Son cada vez máis, hoxe en día, os lugares na Internet que constan ddo formato en galego (Wikipedia, Tuenti, Google search ...). Pero dende aquí queremos facer unha chamada para que google atenda as nosas peticións e así o idioma galego estexa xa presente en Blogger, Facebook, Gmail e Twitter. Propoñemos dende aquí crear unha campaña para que atendan as nosas peticións.

Galiza precisa de ti. E ti depende de ela. ÚNETE!

terça-feira, 3 de abril de 2012

A Xunta reduce a 370 hectáreas a zona queimada no parque dás Fragas do Eume


Terreno afectado por las llamas en Fragas do Eume.  // Faro

Tres días tiveron que empregar os máis de 300 militares desprazados a Galicia e os medios mobilizados pola Xunta –37 brigadas, 33 axentes forestais, 23 motobombas, oito helicópteros e sete avións– para dar por controlado o incendio que reduciu a cinzas o corazón das Fragas do Eume. A incógnita é o alcance das chamas, xa que desde o domingo pola mañá, a pesar de que o lume saltou do municipio da Capela –onde se orixinou o sábado pouco despois das 15.00 horas– aos concellos das Pontes, Monfero e Vilarmaior, a Consellería de Medio Rural mantén inalterable o balance: 750 hectáreas devastadas, unha cifra moi afastada das polo menos 2.000 héctareas afectadas o lume que xa o domingo estimou o alcalde da Capela, Manuel Meizoso. 
E das 750 hectáreas que oficialmente foron devoradas polas chamas, Xunta e PP parecen non porse de acordo sobre a extensión afectada no parque natural eumés. Mentres as Consellerías de Medio Ambiente e de Medio Rural reducen a 370 as hectáreas calcinadas nesta xoia paisaxística, o último bosque atlántico de Europa, o PP elevou a unhas 900 as hectáreas afectadas no parque natural. "O incendio afectou como moito ao 10% [das 9.126 hectáreas de parque natural]", apuntou o portavoz do PP galego, Pedro Puy. Unha estimación coa que horas máis tarde coincidiu o propio presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo: "O incendio xa está controlado. O perímetro do incendio non se estendeu fóra do que xa onte [polo domingo] tiñamos. Máis do 90% dese bosque segue intacto".
Nunha reunión en Monfero cos alcaldes do cinco municipios que abarca o parque natural eumés –A Capela, As Pontes, Monfero, Pontedeume e Cabanas–, o conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, reduciu a 370 as hectáreas de "alto valor ecolóxico" devastadas no o espazo protexido. "Na zona de maior reserva, a afección non é moi substancial", sentenciou Hernández, tras reunirse cos técnicos do parque. Á espera dun diagnostico máis exhaustivo, Hernández negou "categoricamente" a desaparición da fraga. "Baixo ningún concepto as fragas desapareceron", replicou o conselleiro ao alcalde da Capela, que o día anterior manifestara que o parque natural "morreu".
O conselleiro de Medio Ambiente trasladou aos alcaldes a disposición do Ministerio de Agricultura a traballar coa Xunta nun "plan conxunto" para a rexeneración da superficie afectada e frear o arrastre de cinzas ao Eume.
Pola súa banda, o delegado do Goberno, Samuel Juárez, que onte visitou aos militares desprazados a Galicia, reiterou a intencionalidade do incendio: "Son varios focos. Practicamente a única posibilidade é que fose provocado". "Hai xente que lle gusta ver arder o monte", manifestou. 
Ás 20.00 horas de onte, a Consellería de Medio Rural emitiu o último parte do día polo que xa daba por controlado o incendio que comezou o sábado na Capela e que, segundo todos os indicios, foi intencionado –tres focos simultáneos nun punto de fácil propagación, tanto pola localización, como o vento e a hora: o miradoiro de Teixido–. Horas antes, a Xunta decidira levantar o nivel de alerta 1 que activara axiña que como se declarou o lume como medida de precaución pola proximidade das chamas a varios núcleos habitados. A proximidade do lume ás vivendas obrigou o sábado pola tarde ao desaloxo de case 300 veciños, aínda que finalmente puideron ir durmir ás súas casas esa mesma noite. Sobre os dous incendiarios detidos en Neda, Juárez desvinculounos "de momento" do lume nas Fragas.