sábado, 30 de junho de 2012

O II Galeusca da historia


A iniciativa que nacera por vontade deMurguía, Revista Galega de Historia na Galiza diante do 75 aniversario do pacto tripartido que unía ao nacionalismo partidario galego, vasco e catalán, volve a se xuntar. Os días 2, 3 e 4 de xullo Bilbo acollerá o encontrode historiadoras e historiadores que falarán arredor do pretérito das tres nacións en diversas mesas, caso de Parlamentos, Asembleas representativas e actores. (S. XVI-XXI), Biografías de intelectuais, personalidades con carisma, Relatos e historiografías e O binomio centro-periferia na construción histórica de Galeuzca, entre outras liñas de investigación.

Representacion galega
Pola banda galega asistirán Uxío-Breogán Diéguez, profesor da Universidade da Coruña, membro de FESGA e director de Murguía, Revista Galega de Historia, Xosé Estévez, profesor da Universidade de Deusto, especialista na historia do Galeusca, Lourenzo Fernández Prieto, catedrático da Universidade de Santiago de Compostela, e o investigador Xoán Carlos Garrido ; representación á que somar comunicacións como a achegada polo profesor da Universidade da Coruña Carlos Velasco Souto.
Estes presentarán nas distintas mesas referidas as seguintes ponencias: "Nomes, voces e verdugos. Balance e conclusions sobre a persecucion politica na Galiza 1936-1939", "Do españolismo monárquico ao republicanismo independentista galego: o arribismo político na primeira metade do s. XX a través de Álvaro de las Casas", "Navarra e a viaxe triangular do Galeuzca de 1933", "Castelao: Achegas biográficas para a clarificación da teoría nacionalista" e " Os alicerces inteletuais da naçom galega na obra historiográfica de Manuel Murguía (1865-1890)".
Pola banda catalana, entre outros, estarán presentes o catedrático Jordi Casassas Ymbert e o profesor Carles Santacana, ambos da Universitat de Barcelona, Enric Pujol da Universitat Autònoma de Barcelona así como, entre outros, Agustí Alcoberro i Pericay, modernista e Director del Museu d’Història de Catalunya.

A equipa anfitriona do encontro está formada por Joseba Agirreazkuenga, Eduardo J. Alonso Olea, Joseba Arregi Orue, os tres destacados historiadores e profesores da Euskal Herriko Unibertsitatea, así como Luis de Guezala da Sabino Arana Fundazioa, entre outros.