quinta-feira, 29 de março de 2012

O consumo eléctrico descende case un 25%, igual que na folga de 2002 e moi por riba da de 2010


Ás nove da mañá o consumo era de 25.531 megavatios, un 24,8% inferior ao do xoves pasado a esta hora (33.950). A demanda de enerxía é lixeiramente superior ao dun domingo, segundo datos de Red Eléctrica de España.
Red Eléctrica de España programou unha baixada da produción eléctrica dun 30% para a mañá do xoves, o que indica que, segundo os seus modelos, o seguimento da folga xeral pode ser moi importante. A predición de REE coincide cun día típico de domingo. Por exemplo, o domingo pasado gastábanse 25GW a media mañá, exactamente o programado para este xoves.
Como referencia poden servir os datos de descenso do consumo eléctrico de folgas anteriores. En 1988, na folga contra a política económica do Goberno de Felipe González, a demanda de enerxía descendeu un 34% en todo o día. Na folga xeral de 1994 o descenso foi do 27'5%, aínda que hai que ter en conta que esta folga tivo lugar en xaneiro, cun consumo de calefacción moi superior. En xuño de 2002 o descenso ao longo de todo o día foi do 20,8%, case en 25% ás nove da mañá. Finalmente, en setembro de 2010 o descenso acumulado en toda a xornada foi do 16%.
Descenso do consumo eléctrico nas folgas xerais
 9:00Media
201224,8%-
201019%16%
200225%20,8%
1994 27,5%
1988 34%