sábado, 17 de março de 2012

Unión Europea

Haberá que darlle as grazas a España e á UE, pois grazas a eles o noso sector pesqueiro perdeu miles de millóns de euros en renova-la frota pesqueira (porque o tamaño dos nosos barcos non era o reglamentario) e polas novas cotas impostas pola UE e os países que poden pescar nas nosas augas.
As augas galegas deberían ser para @s galeg@s e non para os países que veñen á nosa nación a levarnos os nosos recursos sen nada a cambio, mellor dito, o que nos dan a cambio é débeda, paro e deficit, niso se basea a economía dos españois, buscar o maior beneficio pra eles mentes nós, a clase traballadora, arranxamonos como podemos.
E o peor é que os xudas estilo Mariano Rajoy (galego), traicionan ós seus irmáns pra buscaren o seu propio beneficio, algo que moit@s de nos, nos faríamos, iso é unha das causas que nos diferencian de España.