sábado, 2 de junho de 2012

O idioma no deporte galego

Comezamos co fútbol, o deporte por excelencia galego, pero non por iso o que mellores éxitos nos da.

Se botamos unha ollada ás webs dos principais clubes galegos, ollamos que  o PontevedraCeltaLugo e Racing dispoñen la súa web dunha versión en galego, máis o Deportivo nin sequera fai referencia á lingua nai, maioritaria en Galiza, nin sequera conta cun traductor na web.
E se botamos unha ollada ás camisolas de celebración do escenso do Depor, observamos que na versión en castelán pon: "Esto es el Depor", mentres que na de galego: "Este é o Depor"; claramente non é o mesmo, un simple erro ortográfico ou intención do clube? Ai queda.

Xa postos a falarmos de deporte, as nosas máis grandes felicitacións ó Coinasa Liceo por ese título europeo e ó Ourense S.A.D. polo merecido ascenso a 2ªB. Agardamos que o C.D. Lugo acade chegar á 2ª división.