segunda-feira, 2 de abril de 2012

Devastación nas Fragas do Eume


Santiago de Compostela, 2 Abril 12. Ninguén se fía neste momento das cifras oficiais que dá o Goberno galego a respecto do que leva ardido nas Fragas do Eume. As redes sociais teñen ditado claramente sentenza: a Xunta minte.
A transparencia e o rigor informativos son primeiras obrigas dun Goberno democrático, moito máis cando o que está en xogo é un patrimonio colectivo do valor das Fragas do Eume.
Ninguén se fía neste momento das cifras oficiais que dá o Goberno galegoA Xunta informa nestes momentos que o lume está a piques de ser controlado. O BNG agarda que esa noticia se materialice, para ben de todas e todos. O primeiro neste momento é que se extinga o fogo e que as lapas devasten a menor superficie posíbel do parque.
O tempo das responsabilidades políticas, de todos xeitos, achégase. É evidente que aquí houbo un problema de falta de previsión por parte das autoridades galegas. E é evidente tamén que as políticas de recortes traen estas consecuencias.
A sociedade, en todo caso, xa reaxiu e este serán nas cidades galegas hai convocadas 7 concentracións, apartir das 20.30 horas.