domingo, 29 de abril de 2012

Representación dos Mártires de Carral

Como cada ano nestas datas, celebrouse unha representación teatral no concello coruñés de Carral na honra dos Mártires de 1846, cuxa valentía e entusiasmo foi a semente do noso actual país.




                                                             


Esta é a 17ª edición desta obra, esta vez celebrada no Pazo de Reboredo, coa estimable colaboración dos propietarios de dito pazo e o concello de carral.
O acto estivo ameizado polo grupo " A Quenlla" e numerosas gaitas que interpretarían o hino galego para finaliza-lo acto.


A asociación "Abril de Lume e Ferro" foi a principal organizadora desde xa tradicional evento que abarca todo unha fin de semana. Dito evento comezou cunha charla sobre este feito histórico por Xosé Ramón Veiga, profesor da Universidade de Santiago. 
O sábado representaría a obra teatral de Manuel María, que recrea o comezo do prununciamento, así como as súas caus e o desenlace. 
O acto finalizou coa actuación de Isabel Risco, colaboradora de Tourilanda, na TVG, ofreceu un monólogo.


Homenaje a los mártires de Carral
Ofrenda froral ó monumento dos Mástires de Carral


A revolta

Sendo raíña de España Isabel II, que contaba daquela con 13 anos de idade, o presidente do Goberno Central, o xeneral Narváez, instaurou unha ditadura que provocou enfrontamentos populares. O 2 de abril de 1846 levantouse en Lugo o batallón mandado polo coronel Miguel Solís, disolvendo o Consello Provincial e a Deputación; outras prazas sumáronse nos días seguintes. O 15 de abrilconstituíuse en Compostela a Xunta Superior do Reino de Galicia, que reclamou as liberdades e dereitos que Narváez abolira e un trato máis xusto para Galiza, que os sublevados consideraban literalmente tratada como "verdadeira colonia da corte". Unha vez declarada a revolta, Solís dirixiu unha arenga aos seus soldados.

 

A represión da revolta

O xeneral Narváez enviou tropas baixo o mando do xeneral Gutiérrez de la Concha para recuperar o territorio. O día 23 de abril comezou a batalla de Cacheiras, na localidade homónima, (concretamente o espazo situado entre as casas da Ribeira e a cima de Montouto)[1] entre as tropas de Madrid e as galeguistas de Solís, que foron derrotadas. A gran superioridade das tropas do goberno central fixo inútil a resistencia. As tropas do xeneral De la Concha entraron en Compostela a saqueo e pillaxe, segundo se lles prometera.
Solís refuxiouse nun primeiro momento en San Martiño Pinario, pero entregouse esa mesma tarde. Foi xulgado tres días despois en Carral, nun xuízo sumarísimo, e condenado a morte xunto cos seus compañeiros sublevados. O medo á reacción dos seus simpatizantes explica que o xuízo tivese lugar en Carral e non en Santiago ou na Coruña.
Ao serán, o coronel Solís foi levado ao adro da igrexa de Paleo, onde foi fusilado. O comandante Víctor Velasco e dez oficiais máis foron pasados polas armas na Fraga do Rei, entre Carral e Paleo, e foron enterrados no día seguinte no cemiterio de Paleo, sen que se escribise sobre as súas tumbas inscrición ningunha. O párroco, que presenciou o fusilamento, na acta de defunción engadiu: "Espectáculo horroroso. Triste Memoria".


Recoñecemento

Dez anos despois, un novo goberno nomearía como "beneméritos da Patria" aos doce fusilados. As Cortes concedéronlles a "Cruz de valor e constancia" e decretaron a erección dun monumento, que non se levou a cabo ata o ano 1904, cando, por iniciativa da Liga Galega da Coruña, erixiuse o actual, construído no centro de Carral con granito das canteiras do Illó (Pontevedra) e deseñado polo arquitecto lucense Juan Álvarez Mendoza. Pódese ver o escudo de Galiza e unha inscrición que di: "Mártires da liberdade. Mortos o 26 de abril de 1846". Este monumento, aínda que non se poida considerar en si un cruceiro, reúne motivación e formas de tal e, ademais, a estrutura da obra ten forma de cruz. Este recordatorio físico sería escenario de varias homenaxes, como a celebrada o 26 de abril de 1931 e da que se conserva unha fotografía na que se ve a Manuel Lugrís Freire dirixíndose aos asistentes.
Segundo conta Manuel Murguía, nesa curta primavera de 1846 só aflorou durante 24 días de ilusión e progresismo contra o Goberno de Narváez, que a pesar de dicirse liberal e moderado, tiña na súa contra á mediana e pequena burguesía, a moitos universitarios e bastantes profesionais próximos ó republicanismo. Aquela constituíu a primeira xeración galeguista, formada por persoas que confiaban en que se Solís obtiña éxito sería posible mellorar a situación de Galiza cun xeito distinto de facer política, sen ser unha "colonia da Corte", en palabras de Faraldo.