sexta-feira, 13 de abril de 2012

O galego, euskera, catalán e valenciano podería deixar de falarse no senado

O portavoz do PP no Senado, José Manuel Barreiro, asegurou que seu partido prantexarase ó resto dos grupos da Cámara Alta se manteñen ou retiran a posibilidade de usa-las linguas autonómicas nos plenos, unha medida que a seu xuizo foi "trabucada" e non só polo coste que ten, "que tamén".

"É obvio que o imos falar" dixo o portavoz en declaracións en Telemadrid, recollidas en Europa Press. Barreiro explicou que seu partido quere aborda-lo asunto pero que, pese a que a maioría absoluta que ten, non pode adiantar cal vai se-lo resultado".
"Estaría presumindo dunha posición que non tivo un debate previamente", dixo.

O portavoz popular reiterou a oposición do PP a que o euskera, galego, catalá, e valencián poidan emplearse nos Plenos do Senado para debati-las mocións cando tódolos parlamentarios comparten un idioma, o castelán, e lembrou que estas linguas xa se podían utilizar na Comisión Xeral de Comunidades Autónomas, o ámbito adecuado para iso, ó seu xuízo.

Acusou ademais ós impulsores da medida de "hipocresía" por non haber ampliado o uso dstos idiomas ós debates do Goberno, ás preguntas e interpelacións ó presidente e ós inistros, prá envita-la foto "en Europa".

"A postura como galegofalante, foi unha medida equivocada", insistiu. Preguntado sobre se se plantexarán a marcha nesta lexislatura, respondeu que plantexarase. "É obvio que o imos falar. Non lle vou dicir cal vai se-lo resultado diso, estaría presumninto unha posición que non tivo un debate previamente", concluíu.