terça-feira, 10 de abril de 2012

A igrexa católica non sufre recortes

A igrexa católica recibirá adestano 159 millóns de euros do estado español que corresponde ó imposto da renda das persoas físicas. Así consta nunha disposición oficial de "Presupuestos Generales del Estado" (PGE) do 2012.

A igrexa recibirá na liquidación deste ano, a conta do IRPF de 2011, un total de 248,2 millóns de euros. Para 2012, os PGE esriman que a asignación da igrexa alcanzará os 246 millóns dos 29.232 millóns de euros de recaudación do IRPF pola administración central de presupostados, anque a cifra definitiva dependerá da racadación real.

A estas axudas únense varias partidas do PGE de distintos ministerios para a financiación de capeláns militares, penitenciarios e hospitais públicos, convenios culturais e restauración de igrexas e de patrimonio histórico. A igrexa tamén recibe subencións das comunidades autónomas.